O magosto é a festa do outono en Galicia: fogueiras, castañas asadas, algo de beber e boa compaña. En Ourense vívese con especial gana arredor do San Martiño, e Montealegre é un dos lugares onde esta tradición se celebra cada ano.
Dende hai 5 anos, Eventos Galiza organiza Magostos en Montealegre. En 2026 damos un paso máis e convertémolo en festival: catro días, dous escenarios e un Dub Corner, coa escena musical galega no centro.
Electrónica, música urbana, reggae, drum and bass, rock, etc. Para quen xa subiu outros anos e para quen vén por primeira vez.
Parte do recadado será doado a ASANOG, Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia.